EN QUE PENSAS...

…cando escoitas a palabra «microbio»?

Quizais penses en enfermidades, sucidade ou perigo. Pero… e se só coñeceses unha pequena parte da historia?

OlaMicro nace para cambiar a forma na que entendemos os microbios e descubrir por que son imprescindibles para a nosa vida.

QUE É OLAMICRO?

É un proxecto de divulgación científica que achega a microbioloxía ás aulas de Educación Primaria para que o alumnado descubra, experimente e comprenda o papel esencial que desempeñan os microorganismos na nosa vida cotiá.

DESEÑADO PARA ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

COMO O FACEMOS?

DETECTAMOS UN PREXUIZO

Todo o mundo ten unha idea sobre os microbios. En OlaMicro partimos desa percepción inicial para poñela a proba. Porque ás veces aprender ciencia consiste simplemente en descubrir que non todo era como pensabamos.

DESPOIS... TOCA EXPERIMENTAR

Aquí non hai longas explicacións nin respostas para memorizar. Observamos, manipulamos, xogamos e experimentamos para que cada grupo descubra por si mesmo o papel dos microorganismos na nosa vida cotiá.

FACEMOS PREGUNTAS ANTES DE DAR RESPOSTAS

Por que existe o iogur? Todos os microbios son perigosos? Que pasaría se desaparecesen?

En OlaMicro a curiosidade é o punto de partida. Queremos que o alumnado cuestione a información, busque evidencias e descubra que a ciencia tamén consiste en facer boas preguntas.

Porque a ciencia tamén debe chegar a todas partes

Traballamos para que cada neno e cada nena, independentemente do seu contexto, teña a oportunidade de vivir a ciencia desde dentro. Porque a curiosidade non entende de códigos postais.

Gustaríache saber máis?

Suscríbete agora!